Saturday 20 de April de 2024

O Centro Lustres Rivas exhibe a exposición “Secuencias” a iniciativa da Asociación Galega de Arte e Cultura


Dende a noite de onte e enmarcada na programación do Xuño da Cultura e as Artes, o Centro Cultural Lustres Rivas está a exhibir a exposición multidisciplinar “Secuencias”.

Trátase dunha iniciativa da Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC) en virtude do cal son once os autores que forman parte da exposición. O acto de apertura contou coas palabras de presentación ante o numeroso público congregado do tenente de alcalde Emilio Pérez e da comisaria da mostra, a riveirense Carmen Sampedro que xa expusera de forma individual a principios de ano na Casa do Concello.

Ademais de Sampedro, compoñen o elenco de artistas Nietto, Ana F. Pottel, Roni, Tino Cuesta, Marina Cocós, Pepa Mariño, Esther Molinero, Carmen Torres, Aurora G. Pombo e Lola Sanz. Todos eles conviven con formas diferentes de entender a arte, traballan en estilos e manifestacións diversas, explorando libremente o clasicismo, realismo, impresionismo ou o expresionismo.

A mostra pode ser visitada ata o 25 de xuño de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas.